Pinocho e os políticos

O principal obxectivo dos partidos políticos segue a ser conserva-lo poder, se xa están instalados nel, senón chegar a conseguilo, aínda que para logralo teñan que pasar por enriba de principios democráticos como son o respecto à opinión pública, a transparencia e o rigor nas súas promesas, sobre todos as electorais, veracidade nas afirmacións públicas … Ler máis

¿Para cando a liberdade?

Chegou a democracia. Rematou a “longa noite de pedra” que cantou o poeta. Os tempos son chegados. Isto é o que din os xornais, os políticos e algún que outro cando lles interesa. Eiquí non chegou nada. Seguimos vivindo unha longa noite de pedra, seguimos esperando o espertar dun novo día. Unha néboa espesa abafa … Ler máis

¿Haberá moción de censura en Ponteareas?

Diante da morea de mocións de censura que se viñan producindo nos últimos tempos, logo e que as urnas falaran e non fora a gusto de todos, evidentemente, os dous partidos maioritarios (PP.-PSOE) chegaron a un acordo para, dalgún xeito poñer fin a tanta desfeita. De aí saíu o chamado Acordo sobre transfuguismo. No devandito … Ler máis

¡¡Albízaras!! Entramos no ano XXI

Parece que foi onte e xa van aló viradas XX primaveras, que diría Cunqueiro. Comezaba o ano 1984 a dá-los seus primeiros pasos; o pobo galego, igual que o resto do Estado, pretendía espreguizarse. Os “roxos” que “tiñan” rabo para algúns, fixéranse co Poder do Estado; España si que era diferente. Nós sacamos á rúa … Ler máis

Portugal non entrou en campaña…

Levamos anos escoitando ós principais partidos que actúan en Galiza (PP., PSOE e BNG) que Portugal é algo importante para nós; que Galiza e o Norte de Portugal constitúen unha eurorrexión chamada a desempeñar un papel de primeira orde diante das institucións europeas; que os galegos e os portugueses, sobre todo os do Norte, somos … Ler máis

De Entroidos

No ciclo anual das celebracións populares temos como festa máis tola o Entroido. As máscaras, as esaxeracións na vida cotiá e o troco da realidade que preparan e introducen o tempo de recollemento que virá máis adiante. Neste período maniféstanse toda clase de pensamentos internos e xeitos da personalidade que agachamos o resto do ano. … Ler máis